Trinta e nove homes da provincia de Lugo, procedentes de 20 concellos foron deportados a campos de concentración nazis. Só dazaséis lograrían sobrevivir.

CÓMO CHEGARON ATA ALÍ?
Prácticamente a totalidade dos deportados lucenses atopábanse fora de Galicia antes da guerra civil , residindo ou traballando en cidades como Barcelona, Madrid, Valencia, Bilbao…..
Algúns deles xa eran emigrantes en Francia, como o caso do Lucense de Santiago de Saa Benigno Castro Gandoy , e incluso con nacionalidade francesa como José Pérez Gigán de Castroverde. Foron tamén muitos deles combatentes no exército republicano alistándose nada mais estalar a guerra civil, ascendendo algúns nese periodo no escalafón militar. Tamen se deu o caso de desercións do exército franquista que se pasaron ao lado republicano como combatentes, como o caso de Salvador Ferro Franco de Viveiro.
Coa victoria franquista en 1939, exiliáronse en Francia sendo internados na súa maioría en campos de concentración franceses no sur de Francia por ser considerados polos políticos gobernantes deste país como indesexables, debido ao temor ó comunismo soviético e polas políticas de apaciguamento hacia Alemania e os fascismos europeos.
Cando estalou a segunda guerra mundial estes lucenses como todo o resto de españois recluidos pasaron de ser indesexables, a necesarios para a defensa nacional de Francia , sendo reclutados para realizar traballos no campo e nas fortificacións fronterizas, dentro das Compañias de Traballadores Españois (CTE) para suplir aos franceses mobilizados , ou ben alistados no exército francés como combatentes.
Coa derrota de Francia ante a invasión Alemá, a maioría foron feitos prisioneiros polos alemáns e trasladados a “Stalags” (campos de prisioneiros de guerra en Alemaña). Os que non foron detidos na ofensiva alemá en 1940 foron detidos posteriormente pola Gestapo ou SIPO por colaborar coa resistencia. Cando o goberno franquista se desentendeu dos prisioneiros de guerra españois, tratándoos de apátridas, quedaron en maos dos nazis que os trasladaron aos campos de concentración e exterminio.
Os que estaban en campos de refuxiados foron deportados directamente, como é o caso de Casto Martínez Parada, nado en O Incio, que foi deportado no Convoy dos 927 que partiu de Angôuleme dentro da zona de ocupación alemá , sendo uns dos primeiros españois deportados a Mauthausen, falecendo no subcampo de Gusen.
EN QUE CAMPOS ESTIVERON OS LUCENSES?
Estes lucenses foron repartidos en varios KZ (Campos de Concentración) en Alemaña e na Europa ocupada: 28 foron destinados a Mauthausen en Austria, 6 en Dachau (Munich-Baviera), 3 en Buchenwald , 2 en Neuengamme (Hamburgo), 2 en Natzweiler-Struthof (Alsacia) e 1 en Flosseburg (Alto Palatinado – Baviera). Houbo tres lucenses que pasaron por mais de un dos campos.

A DURACIÓN DA VIDA NO PERÍODO DE INTERNAMENTO FOI BASTANTE VARIABLE
- Manuel Pardo Pombar de Ourol faleceu con 31 anos , aos 4 meses de ser internado nos campos de concentración de Dachau e Flossenburg.
- Liberio Valín García de As Nogais soportou ata 4 anos de internamento antes de morrer con 27 anos.
- O falecido mais novo foi Ricardo López López de O Páramo con 21 anos.
A maioría dos falecementos tiveron lugar no subcampo de GUSEN dependente administrativamente de Mauthausen e denominado “El Matadero”.

QUE ACONTECEU COS LIBERADOS?
16 dos deportados lucenses conseguiron sobrevivir. Os perfis destes son moi variopintos, pois algúns foron deportados poucos meses antes da liberación dos campos e puideron resistir, mentres que ata sete dos sobrevivintes lucenses estiveron presos máis de 3 anos. En canto as idades de chegada aos campos destes, non hai homoxeneidade, nin parece haber, no caso dos lucenses, unha relación directa entre menor idade ao ingreso e maior supervivencia.
Ca liberación non acabaron os problemas para os todos os presos dos campos, hai documentados casos de presos que cando foron libres asaltaron as cociñas debido ao intenso fame que sufrían e morreron atiborrados, outros sobreviviron, pero debido as secuelas físicas da súa estancia no campo, faleceron ao poco tempo, e a grande maioría tiveron secuelas psicolóxicas permanentes.
En canto aos lucenses, só algún regresou ao seu pobo natal , como é o caso de Enrique Doval Reija de San Vicente de Coeo en Lugo, persoa alegre e emprendedora que refixo a súa vida na súa aldea natal.
A maioría ficaron en Francia, onde reconstruiron as súas vidas, país que tivo a obriga moral de acollelos, dado que estaban como refuxiados e combateron contra o invasor nazi, non podendo regresar a España por ser considerados enemigos do réxime franquista, ainda que algúns regresaron esporádicamente ou periódicamente, para visitar a súa terra natal e os familiares.
Manuel Domínguez Núñez de Ferreiros de Balboa (Becerreá) participou nas actividades do Comité Internacional de Resistencia, así como na liberación do campo de Mauthausen o 5 de maio de 1945. Foi un dos que realizaron a pancarta colgada na entrada do campo cando chegaron as tropas aliadas a liberalos, e na que estaba escrito:
“Los Españoles antifascistas saludan a las fuerzas liberadoras”.
José Pérez Gigán de Castroverde foi o mais vello. Liberado en Dachau o 27 de abril de 1945 con 60 anos.
Nº CONCELLOS DA PROVINCIA CON DEPORTADOS: 20


