
Rafael Pardo Vales naceu o 18 de xulio de 1912 en O Corgo-Laxosa, na provincia de Lugo.
De familia de ferroviarios , era fillo de José Pardo Pérez, gardaagullas na estación de Laxosa e Manuela Vales Lendoiro, eran seis irmáns : Sara, Visitación , Herminia, África, Rogelio e Rafael.

Estaba en Barcelona, onde fora destinado como guardia de asalto xunto co seu sobriño José Sanchez Pardo. Conta a familia que foran despedilo á estación do tren con gran tristura. Durante a guerra civil estivo na fronte de Aragón, o 15 de xaneiro de 1937 foi nomeado cabo e despois o 19 de setembro de 1938.
Coa caída de República, Rafael debe fuxir a Francia co seu sobriño José.
Foi recluido no campo francés de Saint Cyprien. En abril de 1939 formouse nese campo a 34ª Compañía de Traballadores Extranxeiros dependente do 6º Exército da Armada francesa, destinada nos Alpes.
En xulio de 1939 están en La Palud, no departamento francés de Savoie, perto da fronteira con Italia. A partir do 5 de xulio está no porto de Montaña da la Col de la Madeleine e na poboación de La Chambre, o 27 de setembro está en Saint Remy e despois en Langres, no Alto Marne.
Por desgracia a familia non conservou as cartas enviadas durante estes meses por Rafael Pardo Vales a través dun amigo en México.
Foi feito prisioneiro no stalag X-B, no municipio alemán de Rotemmburgo del Wumme, no land de Baja Sajonia, a pouca distancia de Bremen e de Hamburgo. Co número de prisioneiro 83841, sae o 28 de febrero de 1941 e é embarcado nun tren na estación de Sandbostel en dirección ó horror.
Cinco días despois, o 3 de marzo de 1941, foi deportado ó campo de concentración de Mauthausen co número 3608. De Mauthausen é trasladado ó campo de Gusen o 30 de xunio de 1941 co número 13123.
Faleceu en Gusen o 7 de xaneiro de 1942. Tiña trinta anos.
O pai de Rafael Pardo Vales enterouse do sucedido pola contestación á carta enviada ó Comité Internacional da Cruz Roja onde lle informaban da morte do seu fillo.
A familia, transladada á cidade da Coruña laméntase de non ter podido elaborar o duelo e de ter que ocultar o sucedido por medo a un veciño policía.
Pero todos os anos, cando Franco pasaba pola Coruña, a familia debía axitar a bandeira de benvida dende a ventá do seu piso dos Castros.

Ubicación Stolpersteine: Estación de RENFE de Laxosa (O CORGO)
Data de colocación: 29 de xaneiro de 2026

