Octavio López Reimóndez naceu o 1 de marzo de 1907 no lugar de Vilabol, pertencente á parroquia de San Pedro de Quintá, no concello de As Nogais era fillo de Manuel e Ángela. Vivía en Barcelona antes e durante a guerra civil. Exiliado en Francia, caeu prisioneiro da Alemaña nazi coa invasión alemá.

Tras pasar polo stalag VIII-C, en Zagan (Polonia) e o stalag XII-D en Trier, (Renania, Alemaña), foi deportado o 25 de xaneiro de 1941 a Mauthausen, co número de prisioneiro 4458. O 29 de marzo do mesmo ano ingresa no subcampo de Gusen, baixo o número de preso 11335. Este subcampo era coñecido baixo o nome do “Matadoiro”, e Octavio morre o 16 de novembro de 1941. Estaba casado.

Nota: Nos documentos de Arolsen figura como data de nacemento o 17 de febreiro de 1907.


Ubicación da Stolpersteine: Rúa Rosalía de Castro S/N AS NOGAIS ( diante do concello)

Últimas novas