
Balbino Santín Aira naceu o 17 de decembro de 1909 no lugar de Sebrás, parroquia de Doncos, no concello de As Nogais (Lugo). Fillo de Aquilino Santín, de Santa Mariña, e Estrella Aira, de Sebrás; tivo polo menos dous irmáns maiores ca el, que foron chamados a filas polo goberno da República durante a Guerra Civil española (Archivo General Militar de Guadalajara).
Exiliouse en Francia e foi feito prisioneiro durante a invasión alemá en Besaçon, na rexión de Borgoña, preto de Suíza. O 10 de xaneiro de 1941 é levado ao stalag XI-A en Altengrabow (límite entre Alta Saxonia e Brandenburgo, a 50 km de Berlín), para posteriormente ser deportado ao campo de Mauthausen, en Austria, o 26 de abril de 1941, co número 3205. O 20 de outubro é trasladado ao subcampo de Gusen (“El Matadero”) co número 14667, onde morre o 10 de decembro dese mesmo ano.
Nota: Nos documentos de Arolsen figura como data de nacemento de Balbino Santín o 11 de novembro de 1909.

Ubicación da Stolpersteine: Rúa Rosalía de Castro s/n AS NOGAIS ( diante do concello)
Data de colocación: 7 de febreiro de 2026

