Liberio Valín (Bailín) García naceu  o 11 de febreiro  de 1916  en Vilarín  de Doncos concello de As Nogais , fillo de Elena Valín  García, tamén de Vilarín de Doncos.  Liberio con 20 anos  residía en Madrid  coa súa nai cando estalou a Guerra Civil, daquela era estudante. 

Probablemente por ser combatente ou estar afiliado a algún partido ou sindicato de esquerdas viuse forzado ao exilio en Francia ao ser derrotada a República en 1939. A súa nai quedou en Madrid  figurando co nome de Elena Valín García Pérez .

Coa invasión de Francia por parte de Alemaña caeu prisioneiro de guerra,  sendo trasladado ao campo de prisioneiros de guerra  Stalag I-B  de Hohenstein (Olsztynek, Polonia).  O 9 de agosto de 1940 é deportado polo réxime nazi  ao campo de concentración de Mauthausen co número 3660.

Un ano despois, o 29 de marzo de 1941 é trasladado ao subcampo de Gusen co número 49267, e morre gaseado no Castelo de Hartheim o 13 de setembro de 1944 . Morreu solteiro e con 28 anos. 


Ubicación da Stolpersteine: Rúa Rosalía de Castro S/N As Nogais , (diante do concello)

Últimas novas