Balbino Santín Aira naceu o 17 de decembro de 1909 no lugar de Sebrás, parroquia de Doncos, no concello de As Nogais (Lugo). Fillo de Aquilino Santín, de Santa Mariña, e Estrella Aira, de Sebrás. Tivo polo menos dous irmáns maiores, que foron chamados a filas polo goberno da República durante a Guerra Civil española.
Exiliouse en Francia e foi feito prisioneiro durante a invasión alemá en Besaçon, na Borgoña, preto de Suíza. O 10 de xaneiro de 1941 é levado ao Stalag XI-A en Altengrabow (límite entre Alta Saxonia y Brandenburgo, a 50 km de Berlín), para posteriormente ser deportado ao campo de Mauthausen, en Austria, o 26 de abril de 1941, co número 3205.
O 20 de outubro foi trasladado ao subcampo de Gusen co número 14667, onde morre o 10 de decembro dese mesmo ano.

