Acto ou conxunto de actos, ordinariamente dende o poder, para contener, deter ou castigar con violencia actuaciones políticas ou sociales (definición RAE)
É algo intrínseco a todos os reximenes autoritarios, quenes a utilizan, especialmente cando non teñen o apoio popular ou cando algunha actividade poda poñer en perigo a supervivencia do réxime, como unha ferramenta para manterse no poder, limitando ou disipando calquera oposición efectiva ao réxime.
Os actos de represión son variopintos, abarcando dende a represión física como son as execucións extraxudiciais, detencións arbitrarias por motivos políticos ou torturas, ata a represión administrativa, como a imposición de multas desproporcionadas a disidentes, embargos de bens, despidos por motivos ideológicos, peches forzosos de actividade, negación de axudas públicas, licencias, permisos…
Normalmente estes actos de represión son publicitados, (deixando os corpos das vítimas de asasinatos extraxudiciais en lugares visibles, facendo publicidade das penas de morte nos xornais, execucións públicas…) para impoñer un clima de medo, no que os disidentes máis activos (políticos, sindicalistas, activistas, artistas comprometidos…) que non son eliminados ou encarcelados, vense obrigados a exiliarse ou a agocharse permanentemente para evitar a represión do réxime sobre eles ou a súa familia, e no que o resto da sociedade, non tan implicada políticamente, (pero non necesariamente afín ao réxime), por medo a converterse en obxetivo da represión, acata o rexime e mesmo colabora con el, xa sexa delatando a disidentes, facendose membros do partido único, asistindo a actos de propaganda do réxime ou participando nas suscripcións populares, ainda que non concorden con elas.

