Libro memorial. Españoles deportados a los campos nazis (1940-1945)

Autor: Benito Bermejo e Sandra Checa

Ano: 2006

Durante a Segunda Guerra Mundial miles de cidadáns españois foron deportados a campos de concentración da Alemaña nazi. A meirande parte dos deportados
non sobreviviu a esa experiencia, pero entre quen si o fixeron case todos seguiron sendo exiliados o resto das súas vidas. As súas organizacións, actos de recordo e os monumentos aos seus compañeiros mortos non tiveron cabida en España. Moitas familias españolas ignoraron durante décadas que un ser querido morrera nos campos nazis.

Este libro, que resulta dun traballo de investigación histórica rigorosa, é á vez un acto de
memoria e recoñecemento cara a todos os deportados españois.

Últimas novas