Autor: Eric Heuvel
Ano: 2010
Observación: Recomendado para maiores de 12 anos
Esther é unha muller xudía que, despois de moitos anos, visita a granxa holandesa onde tivo que agocharse durante a Segunda Guerra Mundial cando só era unha nena. Alí sufriu unha experiencia pavorosa. Os seus pais morreron nos campos de concentración de Auschwitz e sempre se preguntou como deberon ser os seus últimos días. Daniel, o seu neto adolescente, axúdaa a reconstruír a historia. Consegue atopar un vello amigo, Bob, a última persoa que viu seu pai con vida. O relato de Bob sacudiraa profundamente e revelará un pasado demasiado amargo para poder esquecelo.


