Autor: Eva Heyman
Ano: 2016
Observación: A partires dos 12 anos
Eva Heyman é para a cidade de Oradea o que Ana Frank é para Ámsterdam e para o mundo. Dúas adolescentes xudías, cada unha das cales escribe e mantén un diario mentres o mundo cambiaba a raíz da ocupación nazi. Ambas morreron nun campo de concentración: Eva en Auschwitz e Ana en Bergen-Belsen. Pero os dous diarios son moi diferentes. O diario de Eva é curto pero moi intenso. Ela non viviu agochada como Ana. Viviu o día a día da cidade e a deshumanización que, pouco a pouco, vai sufrindo a súa familia e ela mesma. Un proceso lento cara ao inferno.


