La canción de Hannah

Autor: Jean-Paul Nozière

Ano: 2002

Observación: A partires dos 13 anos

Louis vive cos seus pais nunha pequena vila mineira. A guerra é o tema central entre os clientes do Café dos Amigos, onde Louis traballa axudando á señora Jean, pero non interfire na súa vida… ata que os nazis e a policía comezan a deter xudeus.

A partir de aquí, Louis vive agochando a súa orixe, e mesmo chega a traballar para a Kommandantur, onde se encarga de facer recados para os oficiais alemáns. Confuso pero decidido a colaborar, Louis comeza a axudar a xudeus que desexan fuxir lonxe da Francia ocupada de Vichy.

Mentres tanto, establece cos seus pais un código: se os escoita cantar O tempo das cereixas, significará que debe fuxir e esquecerse deles.

Últimas novas