Lugar: Praza do Concello, 1 (Outeiro de Rei)
Data: 30 de xaneiro de 2026
Seguindo ca ronda de colocación dos primeiros Stolpersteine na provincia de Lugo, iniciada o día 29 de xaneiro de 2026 en O Corgo, o día 30 de xaneiro, procedeuse a colocación dos Stolpersteine en homenaxe aos deportados de Outeiro de Rei, os irmáns Aurelio e Vitorino Díaz Hortas.
O acto iniciouse ca interpretación musical da violinista Sara Martínez, da escola municipal de música, de seguido tomou a palabra o alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao, posteriormente intervino o voceiro da ARMH, Miguel Freire, e Maruxa Boquete quen recitou varios poemas escollidos para a ocasión.
Tras o recital poético, tomou a palabra Encarna Díaz, filla de Aurelio e sobriña de Victoriano, cunha sentida e conmovedora intervención, para dar paso á colocación das dúas placas, mentres soaba Cant des Ocell do compositor Pau Casals.
Prensa:










