Lugar: Casa do Concello, rúa Rosalía de Castro S/N (As Nogais)
Data: 7 de febreiro de 2026
Tras a colocación de catro Stolpersteine en O Corgo, Outeiro de Rei e O Incio a semana anterior, o 7 de febreiro procedeuse a colocación das lastras en As Nogais en homenaxe a Octavio Lopez Reymondez, Balbino Santín Aria e Liberio Valín García, pechando a primeira tanda de colocacións na provincia de Lugo.
Previo ao acto de colocación, celebrouse unha charla informativa no salón de plenos do concello sobre a historia dos tres deportados de As Nogais; tras a finalización de esta, no exterior da casa consistorial, procedeuse ao acto de colocación das tres Stolpersteine.
Comenzou o acto ca música a cargo do grupo musical Abrente, tras a finalización, tomou a palabra o alcalde de As Nogais, Jesús Manuel Núñez; tras el interveu Miguel Freire, voceiro da ARMH, dando paso as intervencións dos familiares dos deportados, Isaac Santín, sobriño neto de Balbino Santín, Marisol Castro, neta de Octavio López e un representante dos familiares de Liberio Valín.
Tras estas sentimentais intervencións, procedeuse á colocación das placas mentres o grupo Abrente interpretaba outra peza musical, para tras as ofrendas florais correspondentes, rematar o acto de colocación cunha peza musical a cargo dos netos e bisnetos de Octavio López Reymondez, Aarón Ulloa, Raquel Santamaría, Antón, Carmen Ulloae Aída Ulloa y Carlos de Santos “A prole de Octavio”.
Tras o acto houbo un aperitivo de confraternidade e organizouse un roteiro cara os lugares do concello onde viviron os tres deportados.
Prensa:








