NÓS DIARIO 7 DE FEBREIRO 2026
Octavio López, Balbino Santín e Liberio Valín foron tres veciños das Nogais (Os Ancares) que foron deportados a un campo de concentración nazi. A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) promoveu este sábado nese concello unha homenaxe a estes tres republicanos.
Liberio Valín, de Doncos, quen no momento do golpe franquista vivía coa súa nai en Madrid. Igualmente exiliado en Francia, foi deportado a Mauthausen e despois gaseado no Castelo de Hartheim en 1944.

Das Nogais era tamén Balbino Santín, levado no seu caso de Francia a Mauthausen e despois a Gusen, onde faleceu. E deste concello era orixinario tamén Octavio López, emigrante en Barcelona, tamén exiliado en Francia, deportado a Mauthausen e morto en Gusen.
O acto de homenaxe aos tres deportados das Nogais comezou no salón de plenos cunha introdución de benvida do alcalde, Jesús Manuel Núñez. Despois Miguel Freire, historiador experto na deportación de veciños e veciñas de Lugo aos campos nazis, ofreceu unha unha charla para explicar a historia dos republicanos deportados aaos campos de concentración, acompañada do vídeo Os últimos españois de Mauthausen.
O alcalde convidou os familiares dos tres deportados a que escribisen no libro de visitas do Concello e a seguir procedeuse a continuar co acto, diante da Casa do Concello e aos son do Himno do Antigo Reino da Galiza, polo grupo de gaitas Abrente.
Interveu o rexedor de novo, agradecendo aos familiares a súa presenza, a súa perseveranza e falando da necesidade de lembrar e non esquecer aqueles feitos. A continuación volveu intervir o investigador Miguel Freite, da ARMH, explicando a quen se homenaxeaba, quen era os tres deportados que significa a conmemoración do Día Internacional das Vítimas do do Holocausto que se celebrou o día 27 de de
A continuación interveu Isaac Isaac Santín, sobriño neto de Balbino Santín Aira, un dos deportados, que veu de Barcelona xunto coa súa irmá e outros membros da súa familia. Seguidamente tomou a palabra Marisol Castro, neta de Octavio López e que tamén veu cun grupo numeroso da súa familia; e por último, falou Hugo Fernández en nome dos familiares de Liberio Valín. Para finalizar colocáronse os tres stolpersteine.
O proxecto Stolpersteine impulsouno o artista alemán Gunter Deming, e lembra dende hai máis de tres décadas as vítimas do rnazismo. As stolpersteine (pedras a memoria) son instaladas nos lugares onde estas vítimas naceron, residiron ou traballaron ou en lugares emblemáticos das súas localidades de orixe para homenaxear a súa memoria.
O acto rematou cunhas pezas musicais interpretadas polos netos, bisnetos e tataranetos de Octavio López, que acudiron desde Coruña.

