Que foi a deportación a campos nazis

A deportación fai referencia ao desprazamento forzoso de persoas, ordeado por unha autoridade estatal. No contexto da Seguna Guerra Mundial normalmente designa as accións da Alemaña nazi que afectaron a millóns de persoas. Esta deportación implicaba normalmente un internamento en campos de concentración.

Cando falamos dos republicanos españois deportados podemos diferenciar dúas grandes etapas

Dende 1940, coa invasión nazi de Francia

Máis de 7000 españois que sufriran o exilio trala fin da II República, son apresados polo exército da Alemaña nazi e son enviados aos campos de concentración de Mauthausen (situado na Austria anexionada polo III Reich).

De mediados de 1942 ata a fin da II Guerra Mundial

Hai persoas de nacionalidade española que son detidas na Francia ocupada polo III Reich. O motivo da súa detención adoita ser a implicación en accións armadas contra o ocupante (Resistencia) ou en xeral actividades clandestinas de organización. Isto non é algo específico dos españois refuxiados en Francia, afecta a estranxeiros doutras moitas nacionalidades.

Últimas novas