O proxecto Stolpersteine é unha iniciativa artística iniciada en 1990 polo artista alemán Gunter Deming, coma homenaxe a calquera que fora perseguido ou asesinado polo réxime nazi entre 1933 e 1945, independentemente da súa relixión, raza ou sexo, en forma de adoquines conmemorativos.
“Pedra que fai tropezar” é a tradución máis aproximada desta palabra alemá, que designa o proxecto que homenaxea ás vítimas do holocausto nazi en forma de placas individuais de 10×10 cms de latón. Con cada unha delas lémbrase unha vítima, xeralmente diante da vivenda onde residiu, onde naceu ou onde traballou, aínda que cando non é posible identificar o lugar de residencia, colócase en lugares simbólicos da cidade.

O nome (puramente simbólico, xa que as stolpersteine se instalan empotradas no chan, sen sobresaír) fai referencia ao tropezo emocional de se atopar ante unha delas e percatarse de que aí estivo unha vítima do nazismo, habitualmente anónima; como dixo o propio artista “quen queira ler a inscrición dunha stolperstein, deberase inclinar ante as vítimas”.
Actualmente, hai máis de 100.000 Stolpersteine repartidas principalmente por toda Europa, constituíndo o monumento descentralizado máis grande do mundo, estando presentes en máis de 1.200 vilas de Alemaña, así coma en Austria, Bélxica, Croacia, República Checa, Finlandia, Francia, Grecia, Italia, Reino Unido, Irlanda, Hungría, Lituania, Letonia, Serbia, Moldavia, Luxemburgo, Países Baixos, Noruega, Suecia Polonia, Rumanía, Rusia, Eslovaquia, Eslovenia, Suiza, Ucraína e tamén en España.

Cada stolperstein é elaborado pola Fundación Stolpersteine, logo de encargo de cada unha das cidades onde hai constancia que naceron ou viviron deportados; a elaboración destas pezas é puramente artesanal, e faise así intencionadamente, como unha contraposición aos asesinatos masivos e case con carácter industrial que se levaron a cabo nos campos de concentración durante o nazismo.
Xeralmente, cando unha cidade instala os seus primeiros stolpersteine, Günter Deming, o artista impulsor da iniciativa acude á cidade a colocalos, como mostra de agradecemento á cidade por sumarse á iniciativa, e como xesto de respecto a cada unha das vítimas.

STOLPERSTEINE COLOCADOS NA PROVINCIA DE LUGO
Actualmente están colocados 7 dos 39 Stolpersteine da provincia de Lugo (fai click sobre os distintos Stolperstein para ir á biografía do deportado e na data de colocación para acceder ao resumo do acto):
| Stolperstein | Ubicación | Data de colocación |
![]() | Estación de RENFE de Laxosa (O Corgo) | 29 de xaneiro de 2026 |
![]() | Praza do Concello, 1 (Outeiro de Rei) | 30 de xaneiro de 2026 |
![]() | Praza do Concello, 1 (Outeiro de Rei) | 30 de xaneiro de 2026 |
![]() | Praza de España, 1 (O Incio) | 31 de xaneiro de 2026 |
![]() | Rúa Rosalía de Castro S/N (As Nogais) | 7 de febreiro de 2026 |
![]() | Rúa Rosalía de Castro S/N (As Nogais) | 7 de febreiro de 2026 |
![]() | Rúa Rosalía de Castro S/N (As Nogais) | 7 de febreiro de 2026 |
Ligazóns de interese:
Páxina web do proxecto stolpersteine
Vídeo do proceso de elaboración dos stolpersteine (en alemán con subtítulos en inglés)
Charla TED de Gunter Deming no ano 2013 (audio en alemán con subtítulos en Español)
Conta de X que adícase o seguimento dos Stolpersteine en España
Documental sobre as Stolpersteine e a súa colocación en Ciudad Real elaborado pola UNED
TikTok que explica en 5 minutos os Stolpersteine








