Lugar: Praza de España, 1 (O Incio)
Data: 31 de xaneiro de 2026
Tras os actos de colocación en O Corgo (29 de xaneiro) e Outeiro de Rei (30 de xaneiro), o 31 de xaneiro procedeuse a colocación do Stolperstein en homenaxe ao deportado de O Incio, Casto Martínez Parada.
O acto iniciouse cunha peza musical a cargo de Os Picurruchos, que precedeu ás palabras do alcalde de O Incio, Héctor Corujo; de seguido, intervino o voceiro da ARMH, Miguel Freire, e a poeta Marica Campo recitou un poema da súa autoría escrito en homenaxe ao deportado.
Tras o poema, tomou a palabra Rebeca Martínez, sobriña neta de Casto Martínez Parada, para a continuación proceder á colocación do Stolperstein.
Tras esta colocación, celebrouse un xantar de confraternidade e fixose unha visita ao lugar de nacemento de Casto Martínez Parada.
Prensa:









